CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO
Unha das últimas obras que decidiu levar a cabo o antigo goberno local, foi “desenterrar” unha áncora que se atopa ao pé da ponte vella. Esta decisión podería ser cuestionada pola necesidade ou custo da mesma, pero o que ninguén cuestiona é que foi unha chapuza, xa que resulta ser “invisible”.
O novo goberno municipal decidiu manter a invisibilidade ante a incredulidade dos numerosos turistas que nos visitan e a vergoña de moit@s cedeires@s.
Desde Podemos Cedeira entendemos que un dos traballos do responsables municipais é o mantemento do patrimonio municipal,cousa que a día de hoxe non se fixo,e non porque sexa inviable economicamente,se non por deixadez.
E coma o alcalde nos pide “ideas”, aínda que non somos especialistas, pensamos que cambiando os bordes de granito sobre os que se apoia o cristal por uns pivotes cunha reixa para que se mellore a ventilación e non entre o lixo, o problema estaría solucionado…
Así que, a mandar!!!
Link: PODEMOS Cedeira