Concello de Cedeira ::: Maiores :::
Fecha Viernes, 30 octubre a las 23:08:34
Tema PHP-Nuke


Como usuario do Centro Social de Maiores no edificio do Auditorio Municipal celebro a sensibilidade que amosa sobre o noso colectivo, o portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Luis Rubido, agora no oposición, a tenor das notas de prensa publicadas o 25/6 e o 24/10 pasados, relativas ó " abandono " do local de maiores da Praza Roxa.

Sensibilidade da que o parecer carecía, ou cando menos non amosou, no seu período de rexidor, cos que nos reuníamos naquel Centro Social, feito con subvención da Xunta de Galicia. Local habilitado a ese fín que conta con cafetería, biblioteca, salón de actos, etc., que no madato do Sr. Rubido pretenderon pechar, alugando ese outro local na Praza Roxa por un precio sempre alto por innecesario.

A petición feita ó Concello, mediante un escrito con máis de setecentas firmas me a firme oposición dunha parte importante dos que alí nos xuntábamos, logrou manter o local aberto.

Ainda así, parte do mobiliario foi trasladado o novo local alugado, deixando o que estaba defectuoso ou inservible, que, en parte, reparamos nosoutros. Ó mesmo tempo, non se lle renovou o contrato de traballo á persoa que atendía a cafetería e realizaba a limpeza, quedando o local sen persoal para tendelo.

Desde o Concello insístese de novo no peche do Centro para transformar ese espacio nun Centro de Día, pedindo a Asociación de Maiores que continuase aberto en tanto non se iniciasen as obras, ó que accedeu o rexidor, Sr. Rubido, pero a condición de que tódolos gastos de mantemento correran a cargo dos usuarios ( incluido tamén o papel hixiénico, que agora reclama para o local da Praza Roxa).

Non parece que entonces lle preocupase demasiado nen as idades avanzadas, que has había, nen as minusvalías, se has houber.

Agora espero, que máis cedo que tarde, o Centro Social de Maiores retome de novo o seu local no Auditorio Municipal, e conte co persoal necesario para a cafetería e limpeza, e se impartan nel cantas actividades poidan ser útiles as persoas maiores.

Xuntos, estaremos máis integrados, seremos máis diversos, poderemos dispoñer de máis actividades, e non lle costaremos máis ó Concello, que todo é de agradecer.

Antonio Rey Caruncho
Ex-Secretario da Asociación de Maiores de Cedeira


Link: ARC - Asoc. Maiores de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2715