Concello de Cedeira ::: Saúde ::: ALZHEIMER
Fecha Jueves, 29 octubre a las 21:37:36 Tema PHP-Nuke
Taller de Alzheimer
O comezo do mesmo estaba pevisto para o vindeiro martes día 3 de novembro, en horario de mañá, de 11 h. a 13 h., os martes e os xoves.
Desde o Concello, en vista de que as poucas persoas que decidiron apuntarse ao mesmo preferían o horario de tarde, tomouse a decisión de pospoñer o seu comezo ata unha semana máis tarde, ou sexa o día 10 de novembro, os mesmos días de semana que antes indicamos pero en horario de 16 h. a 18 h.
Lembramos á cidadanía que para apuntarse ao mesmo deben dirixirse ás dependencias de Servizos Sociais (no 3º piso do edificio do Auditorio) en horario de 10 a 14 h., de luns a venres.
Departamento de Asuntos Sociais - Concello de Cedeira
Link: Concello de Cedeira
|
|