Novos nomeamentos e ceses
Fecha Jueves, 07 mayo a las 20:32:23 Tema PHP-Nuke
O Consello da Xunta fixo públicos os novos nomeamentos e ceses,
continuando na liña desenvolvida en semanas pasadas, dende a toma de
posesión do presidente, Alberte Núñez Feijoo.
Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Valeriano
Martínez García será o vindeiro secretario xeral de Presidencia
(licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, quen ocupou, entre
2003 e 2005, o cargo de director xeral de Transportes, e de 2006 a
2009, foi auditor do Consello de Contas de Galicia). O director xeral
do Gabinete será Álvaro Pérez López (licenciado en Dereito, de 2003 a
2005 traballou como asesor para asuntos parlamentarios no Gabinete do
conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e na
actualidade é colaborador do grupo parlamentario do PPdeG), e dentro
desta consellaría o Director xeral de Avaliación e Reforma
Administrativa será Jaime Bouzada Romero (licenciado en Dereito e xefe
do Servizo Técnico Xurídico da Secretaría Xeral da Consellería de
Sanidade dende maio de 2007).
Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas Ethel
Mª Vázquez Mourelle (Enxeñeira Técnica Superior de Camiños, Canais e
Portos e xefa de Gabinete do director xeral do Organismo Autónomo Augas
de Galicia e do presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos
Hidráulicos entre 2003 e 2005) foi nomeada presidenta do organismo
autónomo de Augas de Galicia e do Consello de Administración da Empresa
Pública Obras e Servizos Hidráulicos.
Polo seu lado Manuel
Borobio Sanchiz (Arquitecto con especialidade en Urbanismo, traballando
na actualidade de conselleiro técnico do Concello da Coruña, na área de
Urbanismo e de profesor asociado no departamento de Urbanismo da Escola
Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña) foi nomeado
director xeral de Sostibilidade e Paisaxe; Miguel Rodríguez Bugarín
(enxeñeiro de Caminos, Canais e Portos e catedrático, dende 2003, da
Área de Enxeñería e Infraestrutura dos Transportes na UdC), foi nomeado
director xeral de Mobilidade; e María Encarnación Rivas Díaz
(arquitecta e Asesora urbanística da Deputación Provincial de
Pontevedra dende 2008) foi nomeada secretaria xeral de Ordenación do
Territorio e Urbanismo.
Consellaría de Economía e Industria Nesta
consellaría foron maiores as disposicións de ceses que os nomeamentos.
De feito, comunicouse o cese de Salustiano Mato de la Iglesia como
director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación; de Ana
María Rúa Souto como directora xeral de Comercio; e de María Helena
Veiguela Martínez como directora xeral de Promoción Industrial e da
Sociedade da Información, todos eles dentro da Consellería de
Innovación e Industria creada polo bipartito.
Nesta liña,
nomeouse a Ricardo Capilla Pueyo (enxeñeiro de Telecomunicacións e,
desde 2003 e até a actualidade ocupa o cargo de director xeral do
Parque Tecnolóxico de Galicia) como director xeral de Investigación,
Desenvolvemento e Innovación; e a María Nava Castro Domínguez
(licenciada en Filoloxía Hispánica. Desde 2003 é concelleira de
Servizos Sociais e tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, onde
en 2007 asumiu a concellaría de Economía e Facenda) como directora
xeral de Comercio.
Consellaría de Educación Dentro
deste departamento nomeouse a José Alberto Díez de Castro (profesor
titular de pertencente á área de Organización de Empresas do
Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da
Universidade de Santiago de Compostela) como secretario xeral de
Universidades.
Consellaría de Sanidade Nesta
consellaría nomeouse a María Nieves Domínguez González (licenciada en
Medicina e Cirurxía, e dende 2005, técnico de saúde da Xerencia de
Atención Primaria da Coruña) como directora de Asistencia Sanitaria do
Servizo Galego de Saúde.
Consellaría de Cultura e Turismo Nesta
consellaría foron dous os nomeamentos: o de Mª Carmen Pardo López
(licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, tenente de alcalde
de Verín e deputada do PPdeG) como secretaria xeral para o Turismo e o
de José Manuel Rey Pichel (quen cursou estudos de Arquitectura na
especialidade de Urbanismo e foi director xerente, dende 2005, da
Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela,
EMUVISSA) como director xeral do Patrimonio Cultural. Mentres,
dispúxose o cese de Miguel Ángel Martín Fernández como director da
Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).
Consellaría de Traballo e Benestar Neste
departamento nomeouse a Ana María Díaz López (licenciada en Dereito e
xefa de Sección na Delegación Provincial da Consellaría de Medio
Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Coruña, dende 2005) como
directora xeral de Formación e Colocación.
Consellaría de Economía e Industria Nesta
departamento desenvolveuse un acordo polo que se nomearon os membros do
Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica
(Igape). Segundo este acordo, formarán parte do órgano de goberno deste
organismo o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra; a
conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás; a de Traballo e
Benestar, Beatriz Mato; o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez; e
a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Tamén se integrarán na dirección
do Igape o secretario xeral da Presidencia, a secretaria xeral para o
Turismo e o director xeral de Planificación e Fondos.
Link: XONLine
|
|