Concello de Cedeira ::: Cultura
Fecha Viernes, 16 octubre a las 22:30:17
Tema PHP-Nuke


A Asociación pola Memoria Histórica vén de poñerse en contacto coa concellaría de Cultura do Concello de Cedeira para solicitar axuda para localizar a descendentes  de cinco homes veciños deste pobo, asasinados polo réxime franquista e enterrados nunha fosa en Ribeiras do Sor.

Por parte da asociación comunicóusenos que xa teñen en marcha toda a tramitación pertinente para proceder á apertura da fosa e contan tamén cos nomes dos alí enterrados.

Dende o Concello, o grupo de goberno municipal ofrecimos a nosa colaboración no sentido de intentar localizar a posibles descendentes interesados, polo que o facemos público para que todas aquelas persoas que pensen que poden ter vinculacións familiares directas e estean interesados en recuperar os restos localizados nesa fosa, se poñan en contacto co Concello.

A concelleira de Cultura
María Xosé Rodríguez Pérez.



Link: Concello de Cedeira :: Cultura






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2706