Concello de Cedeira ::: Cultura
Fecha Miércoles, 14 octubre a las 23:56:36
Tema PHP-Nuke


Este venres, 16 de outubro, ás 20:00 h. na Praza do Concello, poderemos gozar coa contada para adultos "Historias de vida, guerra, amor e case morte..." a cargo de Daboapipa.
Vero Rilo e Santi Prieto, máxicos conductores a través da palabra e da música, abren o ciclo Cantos e Contos ao Solpor, que continuará coa actuación, o venres 23 ás 20:00 h. na mesma ubicación, do Coro Herbeira de Cedeira.

 

O sábado 17 ás 12:00 h. o Auditorio Municipal de Cedeira acollerá o Encontro provincial de voluntariado da Cruz Vermella.

 

Pola tarde noite, ás 20:00 h., neste mesmo espazo poderemos escoitar a Iria Mejuto co seu "BLACK, un paseo pola música negra"BLACK achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións.

A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Ain't non sunshine ou Hit theroad Jack, vibraremos recordando voces inesquecibles como Aretha Franklin ou Steve Wonder e gozaremos con versións de artistas modernos como Beyonce, Emelie Sande ou Rihanna.

BLACK ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancións nacen, se escriben e se interpretan, da forma profundamente íntima: unha voz e unha guitarra regalándonos unha viaxe polas melodías do Soul. Unha experiencia para a alma

 

O domingo 18  ás 20:00 h.
será o turno do "Coro Vocalisse" que nos levará a unha viaxe a través dos éxistos do POP internacional en forma coral.

 

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2705