PODEMOS Cedeira ::::: Pesca
Fecha Martes, 13 octubre a las 22:26:30
Tema PHP-Nuke





O PROGRAMA DE TODOS: A PESCA

O pasado sábado celebrouse unha asemblea extraordinaria de Podemos Cedeira co obxectivo de facer aportacións ao “Programa de Todos” nun tema tan importante como a pesca.

Contou coa presenza, entre outros, de José Blanco (Presidente de ACERGA) e Natalia Prieto (Responsable da Secretaría de Pesca de Podemos Galicia).

Comezou analizando a situación do sector e identificando os problemas máis relevantes “dos moitos” que padece a pesca: cuota insuficiente, obscurantismo no reparto da mesma, falta de unión, desrregularización, contaminación das rías…

Acordouse solicitar a inclusión no programa nacional de Podemos un aumento de cuota en Europa e un reparto transparente das mesmas en Madrid.

Ao mesmo tempo emprazouse a unha vindeira xuntanza aos distintos sectores pesqueiros para ver os puntos en común e comezar a traballar conxuntamente.


© 2015 - PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2703