PODEMOS Cedeira ::::: Escola Obradoiro
Fecha Jueves, 08 octubre a las 00:11:56
Tema PHP-Nuke




SOLICITUDE DUNHA ESCOLA OBRADOIRO



Entre decembro e xaneiro(como é habitual)abrirase o prazo para solicitar á Xunta de Galiza (Consellería de Traballo)as axudas para crear “ escolas obradoiros”(antigas escolas taller).Estes obradoiros abranguen diferentes especialidades como albanelería,carpintería,cantería…

Teñen unha duración de 6 meses da fase teórica,e entre 6 e 18 meses da fase de prácticas,durante os cales,os alumn@s cobran o 75% do salario mínimo interprofesional.

Indubidablemente,a creación destes obradoiros,axudaría por un lado a mellorar a formación do alumnado e por outro serviría para combater unha das lousas máis pesadas da sociedade,o paro.

Esta solicitude (que se podería facer en colaboración con outros concellos para abarcar máis oficios) axudaría  a fixar poboación,serviría como dinamizador social e recuperaría e poría en valor os espazos rehabilitados.

Instamos pois aos gobernantes municipais,a que comecen deseñar o proxecto esixido na solicitude,que en caso de ser aceptada,suporía un gran beneficio para a cidadanía a cambio dunha pequena inversión.

Máis información: traballo.xunta.es/portada-guia-de-escolas-obradoiro



Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2702