Recorte do orzamento por "un desfase" de 600 millóns
Fecha Jueves, 07 mayo a las 19:29:00
Tema PHP-Nuke


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, anunciou que modificará os orzamentos por mor da crise económica. Feijoo asegurou que existe un desfase orzamentario de 600 millóns de euros, que obrigará a corrixir o docmento económico.

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, presentou un informe no Consello da Xunta que chega á conclusión de que non se cmpre ningunha das previsións macroeconómicas recollidas nos orzamentos aprobados polo PSdeG e o BNG. Así, prevíase un crecemento do PIB do 1,3 por cento e a non destrución de emprego. Pola contra, o IGE estimou un retroceso do 2,5% da economía do país, mentres que o paro aumentou en 20 mil persoas nos catro primeiros meses do ano.


600 millóns de euros menos

A primeira análise de Facenda estima unha redución de polo menos 600 millóns de euros sobre o inicialmente previsto, debido a unha orzamentación "demasiado optimista" fronte ao empeoramento da economía. Esta cifra, porén, podería incrementarse en función da evolución macroeconómica e dos ingresos derifavos dos Fondos Europeos, aínda incertos.

O desaxuste deberíase a 235 millóns menos de recadación de tributos e a 355 millóns de diminución de transferencias correntes.

Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=270