PODEMOS Cedeira ::::: Incumprimentos
Fecha Miércoles, 30 septiembre a las 23:55:10
Tema PHP-Nuke





PUBLICIDADE DOS BENS D@S CONCELLEIR@S


Os partidos que forman o tripartito ondeaban a bandeira da transparencia nos seus programas electorais e códigos éticos con frases do tipo:

“Declararemos publicamente os bens d@s concelleir@s”

Despois de rematar o prazo de presentación da declaración da renda o pasado 30 de xuño e despois de levar máis de 100 días no goberno,os “responsables” municipais parece que se esqueceron deste “detalle”.

En Podemos Cedeira,pensamos que a publicación na páxina web das declaracións dos bens dos membros da corporación municipal   e das súas parellas,evitaría  a posible existencia de conflitos de interés entre a actividade privada e o desempeño das súas funcións públicas.

Solicitamos encarecidamente que, empezando polo alcalde,fagan públicos os seus bens (e os das súas parellas) de xeito inmediato e o que non o faga, presente a súa dimisión.



 © 2015  PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (Word): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2698