PODEMOS Cedeira ::::: Celtaprix ::: Denuncia
Fecha Sábado, 26 septiembre a las 19:50:11
Tema PHP-Nuke




A OPACIDADE DO CONCELLO


Un dos graves problemas que tiñan os anteriores responsables municipais e que debe ser hereditario,porque o problema persiste é a “opacidade ou falta de transparencia”.

Afirmamos isto despois de que un cidadán do común solicitara no rexistro municipal o contrato entre o Concello de Cedeira e a empresa Celta Prix.

A primeira solicitude fíxose o pasado 20 de xullo e non obtivo resposta.A segunda solicitude leva data do 28 de agosto co mesmo resultado.E por último (de momento) o pasado 18 de setembro realizouse a terceira petición coa “calada por resposta”…

En Podemos Cedeira pensamos que este tipo de información coma outras moitas debería estar publicado na páxina web municipal ao alcance de calquer cidadán que desexe comprobar como se gastan os seus impostos.

Este tipo de comportamentos por parte dos “novos irresponsables” municipais, é unha mostra inequívoca de que “cambiou o can,pero non o collar”


© 2015 - PODEMOS Cedeira

Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2692