Concello de Cedeira ::: Urbanismo
Fecha Miércoles, 23 septiembre a las 16:14:19
Tema PHP-Nuke


Os datos aportados ao Parlamento por Encarna Rivas, a quen llos entregou o Ministerio de Medio Ambiente o pasado venres nunha reunión técnica que mantiveron en Madrid, revelan tamén a desgana con que actuaron 11 concellos.

Costas non lles admitiu en primeira instancia ningunha das súas propostas, pero requiriulles que presentasen máis documentación para ver si ampliábanse as posibilidades. No entanto, segundo explicou a secretaria xeral de Urbanismo, "non atenderon" a petición, polo que as súas solicitudes para regularizar 35 núcleos do litoral foron rexeitadas definitivamente. Estes foron os concellos de Carballo (cun asentamiento), Cedeira (cinco), Ferrol (un), Fisterra (dous), Laxe (tres), Malpica (tres), Miño (sete), Outes (catro), Ribeira (catro), Catoira (dous) e Soutomaior (tres). Ademais, tal como contou Encarna Rivas en comisión parlamentaria a unha pregunta do PSOE sobre o proceso de regularización, outras 34 propostas de sete concellos quedáronse polo camiño por diversas razóns, sen que o Ministerio de Medio Ambiente chegásese a pronunciar sobre elas.


Link: OCONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2690