PODEMOS Cedeira ::::: Mar
Fecha Miércoles, 23 septiembre a las 00:20:07
Tema PHP-Nuke


APOIO AO SECTOR PESQUEIRO

Desde Podemos Cedeira queremos mostrar o noso apoio incondicional ao sector pesqueiro nas súas reivindicacións de aumento da cuota de pescada que resulta claramente insuficiente.

Tamén respaldamos a valentía de recoñecer que están “cheos de mentir” e o xeito intentar solucionar o problema coa protesta diante das administracións públicas que non están a defender os intereses da xente do común.

Aplaudimos o troco de estratexia,xa que no ano 2014,dous concelleiros locais(agora no poder),intentaron solucionar os problemas das multas dun deles e acudiron ao despacho dun coñecido portavoz parlamentario galego pensando que os podería axudar,cousa que non fixo.

Ao mesmo tempo solicitamos un reparto máis equitativo dos ingresos polas capturas,xa que os mariñeiros,como principais protagonistas do sector,non son os que máis beneficios obteñen.


© 2015 - PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2688