PODEMOS Cedeira ::::: Celtaprix ::: Denuncia
Fecha Miércoles, 16 septiembre a las 01:23:44
Tema PHP-Nuke


REITERADOS INCUMPRIMENTOS DE CELTA PRIX

A empresa Celta Prix,encargada da recollida do lixo (RSU),segue saltándose á “toreira” as súas responsabilidades reflexadas no prego de condicións do contrato asinado co concello.

No mesmo,pódese ler: “Entre o día 1 de Xuño e o 30 de Setembro,farase unha recollida tódolos domingos e festivos das zonas de maior produción de residuos,as cales fixarán os licitadores nas súas ofertas.

Entre o 15 de xullo e o 31 de agosto,farase unha recollida tódolos domingos e festivos en todo o casco urbano da Vila de Cedeira”
Cando nos atopamos xa en setembro calquera veciñ@ pode darse conta de que isto non se está a cumprir a pesar de que algún dos partidos que forman o tripartito cando estaban na oposición e gobernaba o PP, falaban así:
“Os nosos gobernantes saben sobradamente que se houbera incumprimentos graves por parte da empresa, pódeselle rescindir o contrato e, xa postos, ao mellor non sería un disparate volver a internalizar este servizo.”

Desde Podemos Cedeira,solicitámoslles aos representantes do “triunvirato” que dunha vez por todas se dean conta de que “están gobernando” e que deben cumprir polo menos “algo” do que prometían.


© 2015 - PODEMOS Cedeira



© 2015 - PODEMOS Cedeira

Dcto. orixinal ( DCTO Word ): preme aquí
© 2015 - PODEMOS Cedeira





Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2685