PODEMOS Cedeira ::::: Consultas Populares
Fecha Martes, 01 septiembre a las 00:18:11
Tema PHP-Nuke





CONSULTAS POPULARES


No círculo de Podemos en Cedeira iniciamos este mes de setembro unha serie de consultas populares sobre cuestións de carácter municipal que terán unha periodicidade mensual.

O motivo que nos leva a ter esta iniciativa é que pensamos que a cidadanía debe ter moito máis peso nas decisións “domésticas” e non limitarse a emitir un voto cada catro anos.

Ao mesmo tempo,os resultados serán comunicados a través do rexistro aos responsables municipais coa finalidade de que lles sirvan de “orientación” na súa toma de decisións.

Por suposto toda a cidadanía pode propoñernos as cuestións que desexe que se plantexen a través do noso blog,onde tamén se poderá emitir o voto. As votacións serán totalmente anónimas.

Iniciamos estas consultas co tan coñecido tema do soldo do alcalde:

PENSAS QUE O SOLDO DO ALCALDE ( 14 PAGAS DE 2.400 EUROS NETOS MÁIS
DIETAS) É:
A.-BAIXO. B.-AXEITADO. C.-EXCESIVO.

Para votar en podemoscedeira.blogspot.com


© 2015 - PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2680