PODEMOS Cedeira ::::: Denuncia ::: Non ceden un local
Fecha Miércoles, 26 agosto a las 17:07:53
Tema PHP-Nuke





NON CEDEN UN LOCAL A PODEMOS

Despois da constitución do círculo de Podemos Cedeira,solicitámoslle a cesión dun local aos gobernantes municipais e a contestación foi: “…sinto comunicarlle que neste momento o Concello non conta cun espazo para poñer á súa disposición…”

É difícil comprender esta resposta despois de ver os programas dos partidos que forman o “triunvirato”no que se podía ler que ían prestar colaboración ás agrupacións e incluso un deles cando gobernaba o Pp afirmaba que: “Anova ,nada máis constituírse,solicitou do concello a cesión dun local dos varios que pensabamos (e seguimos pensando) que ten baleiros ou infrautilizados.”

Corroboramos así a idea maioritaria de que a hipocrisía (“actitude daquel que finxe o que non sente e mantén unha postura falsa cara aos demais”RAG) en política é algo moi habitual.

Cousas da vida,que diría Castelao.


© 2015 - PODEMOS Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2678