BOP Nº 102. Jueves, 7 de mayo de 2009
Fecha Jueves, 07 mayo a las 10:58:58
Tema PHP-Nuke


Patrimonio

O alcalde do Concello de Cedeira, por providencia de Alcaldía de data 17 de abril de 2009, acordou incoar o procedemento para a alteración da calificación xurídica ou desafectación dos dous edificios, con campo de recreo, sitos na rúa Ortigueira, n.º 3 e n.º 4, deixando os ditos bens de ser destinados ó servizo público municipal ó que estaban afectos, segundo o indicado no inventario de bens deste Concello, e cambiando a súa cualificación de bens de dominio público a bens de carácter patrimonial.

O expediente, ó abeiro do establecido no art. 8 do RD 1372/86, de 26 de novembro, do Regulamento de Bens das Entidades Locais, queda sometido a información pública por prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello; durante este prazo, os interesados poderán presentar as alegacións que estimen oportunas.






Ó propio tempo, e en cmplimento do establecido no art 110.1.f) do Real Decreto 1372/1986, de 26 de novembro, do Regulamento de Bens das Entidades Locais e do artigo 86 da lei 30/92, de 26 de novembro, faise público polo prazo de vinte días, que comenzará a contarse ó día seguinte ó de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, o expediente de cesión gratuíta por un prazo de dez anos naturais, prorrogables por periodos iguais, dos dous edificios, con campo de recreo, sitos na rúa Ortigueira, n.º 3 e n.º 4, en favor do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para adicalos a galescola, de acordo co convenio asinado entre o Consorcio e o Concello con data 17.12.08, aprobado en sesión plenaria con data 29.01.09, para que os interesados poidan presentar as alegacións que estimen pertinentes.

Cedeira, 17 de abril de 2009.
O ALCALDE
Asdo.-José Luis Vergara Rey

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=267