Concello de Cedeira ::: FESTAS
Fecha Sábado, 22 agosto a las 22:59:55
Tema PHP-Nuke


Sr. Luis Rubido, non creo que vostede sexa quen de xulgar os meus coñecementos sobre calquera tema e lémbrolle que tanto vostede coma min adicámonos á política, local, pero política.

E precisamente no contexto político é no que inclúo a crítica e a posibilidade de debate sobre a ética de por que un Concello que xa lle está pagando a un grupo por una actuación, ten que facerse cargo ademais de submistrarlle bebidas alcohólicas.

Xa sei que é algo habitual, pero aclárolle volvendo aos meus coñecementos, e ao que significa facer política no ámbito municipal, que o xeito de avanzar en moitos casos implica cambios do “habitual”. Póñollo máis simple, temos que pagar todas e todos os “caprichos” de calquera grupo a maiores do que xa se lles paga por actuación?.

Pénseo e ao mellor resulta que non lle parece tan “ridículo” o que lle digo.


María Xosé Rodríguez Pérez  



Link: Concello de Cedeira - María Xosé Rodríguez Pérez





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2667