Concello de Cedeira ::: PP ::: Festas
Fecha Sábado, 22 agosto a las 22:58:11
Tema PHP-Nuke


O exalcalde de Cedeira, o popular Luis Rubido, non ve «nada inmoral, desde ningunha perspectiva ideolóxica» na actuación do domingo dos Inhumanos, deostada polo executivo local por «sexista, machista e retrógrada». «Levan anos con este espectáculo (do tema Que difícil é facer o amor nun Simca 1000), con concertos por toda España e nunca se coñeceu un reproche deste tipo. A noticia está no goberno local (de PSOE, BNG e Anova), por escandalizarse (...), o comunicado raia no ridículo».

Rubido tampouco ve motivo de reproche en que a banda pedise bebidas alcohólicas, dentro do contrato asinado coa anterior comisión de festas (con el de rexedor). «Demostra o descoñecemento absoluto (da primeira tenente de alcalde, a nacionalista Mª Xosé Rodríguez) do mundo do espectáculo; todos os grupos piden alcol, máis ou menos, no seu cátering, e o dos Inhumanos era moi modesto», sinala.

«Detrás de todo isto está o intento de afear as actuacións do domingo pola noite, que deixaramos programadas nós (salvo o primeiro grupo, de Cedeira) e que foi o día de máis éxito das festas», sostén o portavoz do PP na corporación. Lamenta, doutra banda, «a falta de control do son e os elevados niveis de contaminación acústica» deste ano.

Link: VONLIne






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2666