Concello de Cedeira ::: FESTAS
Fecha Sábado, 22 agosto a las 22:52:16
Tema PHP-Nuke


Comunicado Oficial do Concello de Cedeir


Con respecto ás actuacións das festas patronais de Cedeira do día 16 de agosto e en concreto ao lamentable espectáculo ofrecido polo grupo Inhumanos, dende o Concello, o grupo de goberno municipal, por unha parte queremos pedir desculpas públicas pola denigrante exhibición ofrecida por ese grupo nalgún momento da súa actuación e por outra queremos manifestar que quen ten que dar contas e deberían así mesmo desculparse, son a anterior corporación municipal e a súa comisión de festas, xa que o contrato deste grupo foi cousa deles.

O que nos parece inconcebible é que se asine un contrato cun grupo por 9.000 euros, cun anexo no que ao grupo en cuestión lle había que facilitar ata bebidas alcohólicas de determinadas marcas e que a cambio se ofreza un espectáculo machista, sexista e retrógrado.

María Xosé Rodríguez Pérez


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2665