PODEMOS Cedeira ::::: Celtaprix
Fecha Martes, 18 agosto a las 23:40:58
Tema PHP-Nuke







AS IRRESPONSABILIDADES DE CELTA PRIX



Como todo o mundo sabe a empresa adxudicataria da recollida do lixo,CeltaPrix ,é famosa polos seus continuos incumprimentos de contrato.

Sabemos que o novo equipo de goberno mantivo unha xuntanza coa citada empresa para recordarlle as súas obrigas,pero esta fai caso omiso aos seus compromisos,entre eles o e cubrir as baixas.

Por outra banda,comunícasenos por parte dos traballadores que ás persoas que son contratadas de xeito eventual,non se lles facilita o material de seguridade necesario para desenvolver súa labor.Carecen de calzado e roupa regulamentaria(pantalón e chaqueta reflectante) o que podería causar algunha desgraza como por exemplo un atropelo…

Facemos polo tanto un chamamento aos responsables municipais a que tomen as medidas necesarias para que @s traballador@s poidan facer a súa labor de xeito seguro.




© 2015 - PODEMOS CEdeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PODEMOS Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2663