PODEMOS Cedeira :::: Transparencia
Fecha Lunes, 10 agosto a las 18:37:14
Tema PHP-Nuke


CONCELLARÍA DE TRANSPARENCIA

Desde Podemos Cedeira botamos de menos a creación dunha Concellaría de Transparencia,xa que unha das grandes preocupacións dos cidadáns é a opacidade das institucións públicas entre elas,a máis cercana,o seu concello.

Sen ir máis lonxe,serviría para aclarar o “baile de cifras” que anuncian o PP local e o tripartito que goberna,xa que difiren en cantidades superiores aos 500.000 euros.

Esperamos que as medidas a prol da transparecia non se queden no “troco de cromos” entre o alcalde e o concelleiro de obras,xa que o alcalde é un profesional do sector da construción e leva a concellaría do mar e o concelleiro de obras é un profesional do sector pesqueiro…sen comentarios!!!.

Sabemos que certo concelleiro dixo que os programas electorais non servían para nada,pero para os que aínda teñen un pouco de integridade,suxerimos que cumpran coa promesa de facer do concello unha “caixa de cristal”.


Link: Podemos Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2655