PODEMOS Cedeira :::: Servizos
Fecha Jueves, 30 julio a las 19:07:14
Tema PHP-Nuke


SERVIZOS PÚBLICOS NA “PLAZA ROXA”

No post-pleno do pasado pleno do día 29/07/15,Podemos Cedeira solicitoulle ao tripartito que instalara na “plaza roxa” uns servizos públicos e gratuítos, dado que moita xente non pode pagar por utilizar os váteres dos bares da contorna.

Dada a estación do ano en que nos atopamos,solicitamos que se instalen uns WC portátiles para solucionar o problema de xeito inmediato e coa chegada do outono,empezar a traballar na construción duns definitivos.

Tod@s sabemos da gran cantidade de xente,en especial nen@s,que acoden a esta praza a xogar e non teñen onde facer as súas necesidades e aínda que ningún grupo político o levaba no seu programa electoral,nós pensamos que é un problema importante e que non require unha gran inversión.

A contestación por parte do alcalde foi que se ía estudar... xa veremos o que fan...


Link: PODEMOS Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2652