Concello de Cedeira ::: BOP
Fecha Jueves, 23 julio a las 19:44:32
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Percepcións por asistencia a órganos colexiados da Corporación

En sesión realizada en data 08 de xullo de 2015 o Pleno da Corporación adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

“Primeiro.- Nos termos do artigo 75.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, establecer as seguintes indemnizacións por asistencia a órganos colexiados da Corporación aos membros que non teñan adicación exclusiva ou parcial:
a) Por asistencias a sesións da Xunta de Goberno Local: 60,00 €
b) Por asistencias a sesións plenarias, de Comisións Informativas e de Mesas de Contratación, 60,00 €.
As asistencias aboaranse polo procedemento establecido na Base 29.c.3 das Bases de Execución do Orzamento Municipal de Cedeira para o ano 2015.
Segundo.- Modificar as Bases de Execución do Orzamento para o exercicio 2015 no que se refire as cantidades fixadas por asistencias e indemnizacións na Base 29.c.3.
Terceiro.- O presente acordo será publicado no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Corporación.”

Cedeira, 09 de xullo de 2015
O alcalde
Pablo Diego Moreda Gil


Lino: BOPONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2647