Concello de Cedeira ::: BOP
Fecha Jueves, 23 julio a las 19:42:38
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Recoñecemento de adicacións exclusivas a membros da Corporación.

En sesión realizada en data 08 de xullo de 2015 o Pleno da Corporación adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

“Primeiro.- Recoñecer a adicación exclusiva a tempo completo aos membros da corporación que ocuparán os seguintes cargos:
- Alcalde D. Pablo Diego Moreda Gil, importe anual bruto en euros 43.400,00 €.
- Concelleiro Delegado de Deportes, D. Nicolás Vergara Quintiana, importe anual bruto en euros 23.100,00€.
Segundo.- Os devanditos importes abonaranse en catorce mensualidades, solicitando a alta ante a Tesourería Territorial da Seguridade Social ou na Mutualidade de Funcionarios correspondente e asumindo o gasto con cargo ao vixente orzamento municipal.
Terceiro.- O presente acordo será publicado no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Corporación.”

Cedeira, 09 de xullo de 2015
O alcalde
Pablo Diego Moreda Gil


Lino: BOPONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2646