Nomeamento de Tenentes de Alcalde
En cumprimento do previsto no artigo 46 do RD 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, faise público que a Alcaldía-Presidencia do Concello de Cedeira o 1 de xullo de 2015 ditou o decreto 316/2015, co seguinte contido:
“PRIMEIRO.- Nomear Tenentes de Alcalde aos Concelleiros seguintes:
1º Tenente de Alcalde: Dª. María José Rodríguez Pérez
2º Tenente de Alcalde: D. José Camilo Casal García
3º Tenente de Alcalde: D. Manuel Pérez Riola
Ós Tenentes de Alcalde, en canto tales, corresponderalles substituír a esta Alcaldía na totalidade das súas funcións e pola orde de nomeamento nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que lle imposibilite para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións de Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.
SEGUNDO.- Nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento as funcións do Alcalde non poderán ser asumidas por quen corresponda sen expresa delegación.
TERCEIRO.- Non obstante o anterior, cando esta Alcaldía se ausente do termo municipal por máis de vintecatro horas sen conferir delegación, será substituída polo Primeiro Tenente de Alcalde e, no seu defecto, polos seguintes na orde establecida, debendo dar conta desa circunstancia o resto da Corporación e, en particular, ós voceiros dos distintos grupos políticos municipais.
CUARTO.- Notificar esta Resolución ós Tenentes de Alcalde, facéndolles constar que terán que manter informada a esta Alcaldía do exercicio das súas atribucións como Alcalde Accidental non podendo, no citado exercicio, modifica-las delegacións efectuadas por esta Alcaldía, nin outorgar outras novas.
QUINTO.- Da presente Resolución darase conta ó Pleno na primeira sesión que realice, notificándose ademais persoalmente aos designados, e publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende a súa promulgación.”
Cedeira, 06 de xullo de 2015
O Alcalde
Pablo Diego Moreda Gil