Concello de Cedeira ::: BOP
Fecha Jueves, 23 julio a las 19:34:23
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Nomeamento de Concelleiros-Delegados

En cumprimento do previsto no artigo 44 do RD 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, faise público que a Alcaldía-Presidencia do Concello de Cedeira o 2 de xullo de 2015 ditou o decreto 319/2015, co seguinte contido:

“PRIMEIRO.- Efectuar a favor dos membros da Xunta de Goberno Local que se citan as seguintes delegacións xenéricas, referidas ás áreas que se determinan, e nas materias que no seu caso se detallan, ó abeiro do que dispón o artigo 43.3 do ROF, con facultades para dirixir e xestionar os servizos correspondentes, baixo a supervisión da Alcaldía, pero sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:
-Dona María José Rodríguez Pérez: Concelleira-Delegada de Cultura e Turismo e Concelleira-Delegada de Urbanismo.
-Don José Camilo Casal García: Concelleiro-Delegado de Medio Ambente, Praias, Xardíns e Cemiterios e Concelleiro-Delegado de Servizos Sociais.
-Don Manuel Pérez Riola, Concelleiro-Delegado de Medio Rural e Participación Cidadá e Concelleiro-Delegado de Persoal e Facenda.
SEGUNDO.- Efectuar a favor dos concelleiros que se citan as seguintes delegacións especiais, ó abeiro do que dispón o artigo 43.4 e 43.5 do ROF, con responsabilidade para a dirección interna e xestión de servizos, baixo a supervisión da Alcaldía, sen incluir a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros:
-Don Nicolás Vergara Quintiana, Concelleiro-Delegado de Deportes.
-Dona Manuela López Rodríguez, Concelleira-Delegada de Xuventude, Ensino e Igualdade.
- Don José Antonio Muiño Vilela, Concelleiro-Delegado de Servizos, Mantemento e Obras e Concelleiro-Delegado de Seguridade Cidadá.
SEGUNDO.- Mantense expresamente dentro das atribucións da Alcaldía-Presidencia a formalización dos contratos que o Concello firme con particulares, calquera que fose a materia sobre a que versen, tendo a condición de órgano de contratación cando non se houbese delegado expresamente na Xunta de Goberno Local ou nun Concelleiro-Delegado.
Quedan expresamente incluídos dentro da Área de Presidencia a Concellería de Sanidade e Concellería do Mar, e calquera outro servizo ou atribución non expresamente delegada.
TERCEIRO.- Da presente Resolución darase coñecemento ao Pleno da Corporación na primeira sesión que este realice, notificándose ademais persoalmente aos designados e publicarase no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao da presente Resolución, conforme se indica no artigo 44.2 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo cal se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.”

Cedeira, 06 de xullo de 2015
O Alcalde
Pablo Diego Moreda Gil


Lino: BOPONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2642