O secretario comarcal da CIG no banco dos acusados
Fecha Martes, 05 mayo a las 16:44:37
Tema PHP-Nuke


O secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, sentou onte no banco dos acusados do Xulgado do Penal 2 de Ferrol para responder dun suposto delito de atentado a axentes da autoridade e outro de lesións. Pola súa banda, 15 mariscadoras acusan de lesións a cinco policías.

O macroxuízo, que se iniciou onte e terá continuidade os próximos días 7, 14 e 18, está a ser seguido por un numeroso público, formado principalmente por mariscadoras da Confraría de Mugardos e delegados da CIG, que antes de comezar a vista protagonizaron unha concentración ante o Palacio de Xustiza.


© Diario de Ferrol


A acusación pública diríxese contra López Pintos, ao que se imputa un delito de atentado e outro de lesións, cunha pena global de dous anos e medio de prisión. Pola súa banda, a acusación particular, exercida por cinco membros da Policía Autonómica que, á súa vez, figuran como acusados, solicita para o sindicalista cinco anos e tres meses de prisión.

Neste procedemento xudicial tamén están representadas 15 mariscadoras que o día de autos resultaron feridas, sendo atendidas no hospital Arquitecto Marcide, e que dirixen a acusación contra os policías, para os que piden seis meses de prisión por delitos de lesións, ademais de solicitar que cada un deles indemnice ás lesionadas coa cantidade global de 76.000 euros.

Os feitos aos que se refire esta causa ocorreron o 18 de setembro de 2001 na praia da Barca, no termo municipal de Mugardos. Por esas datas había un conflito entre as traballadoras do mar da Confraría mugardesa, xa que unhas estaban en contra da xestión da patroa maior, Oliva Bonome, e outras a apoiaban. O día de autos, as afíns á patroa maior saíron a faenar custodiadas pola Policía Autonómica, mentres que outro grupo de mariscadoras, acompañadas por López Pintos, achegáronse a elas coa suposta intención, segundo elas mesmas dixeron, de que parasen de faenar.

Segundo a Fiscalía, este grupo increpou ás que estaban mariscando e aos axentes, polo que se decidiu paralizar a faena. Supostamente, cando xa se retiraban, as opositoras á Confraría lanzáronlles áridos da praia mesturados con mexillóns e ameixas. Nese momento, e sempre segundo a acusación pública, López Pintos díxolles: ?Collede pedras, que a éstes ímosvos facer correr?, á vez que el collía unha pedra e golpeaba con ela a un dos policías, facéndoo caer ao chan, onde lle propinou patadas. Por mor disto, o subinspector que estaba ao mando deu orde de repeler a agresión, acto no que resultaron feridas varias mariscadoras.

Onte, antes de comezar o xuízo ofrecéuselle a Pintos a posibilidade de chegar a unha sentenza de conformidade, pola que só se lle imporían seis meses de prisión. O acusado rexeitouna, asegurando que iso suporía recoñecer que fixera algo malo, "cando ou agredido fun eu", apuntou.

Esta mesma postura foi a que mantivo ao longo do seu interrogatorio, asegurando que en ningún momento golpeou a ninguén cunha pedra e que a vítima da agresión fora el, xunto con algunhas mariscadoras, na que cualificou como unha carga policial brutal e sen xustificación, contra un grupo de mariscadoras, entre as que había mulleres de máis de 60 anos. Negou incitar ao grupo a lanzar pedras aos axentes, engadindo que foran estes os que comezaron a golpear ás mariscadoras coas porras e que, cando tratou de interporse, se avalanzaron sobre el, golpeándoo coa porra e dándolle patadas. Pintos, que ese día foi trasladado nunha ambulancia ao hospital Marcide, insistiu en que a carga se produciu cando as mariscadoras que estaban a ser custodiadas xa estaban fóra da praia.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=264