PODEMOS Cedeira :::: DENUNCIA
Fecha Jueves, 23 julio a las 19:19:41
Tema PHP-Nuke


ESTUPOR E INDIGNACIÓN

Ese é o sentimento de múltiples familias pola asignación das prazas do comedor do Nicolás del Río.Isto ben motivado porque modificáronse os criterios de admisión establecidos pola Consellería de Educación (Instrución 1/2015 que fai referencia á Orde 21/02/2007)o que pode ser constitutivo de un delito.

Lonxe de quedar aí a cousa,a listaxe de admitidos estivo exposta ao público incluíndose o motivo da admisión,como por exemplo “alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social”.

Lembramos que son os membros do Consello Escolar,presidido pola dirección do centro e no que se atopan entre outros o representante do Concello,os responsables da revisión e baremación das solicitudes (Decreto 132/2013).

Desde Podemos Cedeira queremos solicitar ás autoridades competentes que aplique a legalidade vixente de xeito estrito e depure responsabilidades dos responsables de dita “desfeita”.


Lino: Podemos Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2638