O CUSTE DOS PARTIDOS POLÍTICOS MUNICIPAISRecentemente coñecemos que o alcalde de Cedeira atópase no “podium” dos alcaldes que máis cobran da comarca,superando entre outros ao de Ferrol,e posiblemente alcance o “liderado” cando se lle sumen ao seu salario as dietas e desprazamentos(que descoñecemos a canto ascenden).
Resulta que no pleno onde se aprobaron os salarios,tamén se mantivo unha asignación aos partidos políticos que ascende a 80 euros mensuais,máis 30 euros por concelleiro.Isto supón un gasto anual de 8.520 euros que non se sabe a onde van parar...
Choca ver como ningún dos partidos con representación municipal se opoña a este tipo de “excesos”,pero temos que encadralo dentro dos principios da vella política rancia e casposa que asola as institucións políticas.
Compre urxentemente cambiar este modelo de partidos políticos “clásicos” que teñen uns vicios adquiridos ,por desgraza,tan arraigados.
Link: Podemos Cedeira