CONSTITUCIÓN DE PODEMOS CEDEIRA
Onte celebrouse a asemblea constituínte de Podemos Cedeira,cunha gran afluencia de xente,incluso con algunha persoa que nas recentes eleccións municipais foi nas listas de outro partido político,feito que nos congratula profundamente.
Isto anímanos a comezar a traballar,como se acordou na asemblea,a prol de que as vindeiras eleccións xerais de fin de ano,sexan o primeiro paso para a recuperación da soberanía popular,e para o vindeiro ano,ocorra o mesmo nas autonómicas.
A nivel local,coa axuda de tódol@s cedeires@s (xa que en Podemos non sobra ninguén),deseñaremos un mapa de necesidades populares que axude a reducir a fractura social entre os “de arriba e os de abaixo”.
Tamén se acordou solicitarlle un local aos gobernantes municipais onde poder realizar as xuntanzas dos grupos de traballo e realizar as asembleas,a vindeira será no mes de setembro,e á que convidamos a participar a toda a cidadanía
Lino: Podemos Ced eira