Concello de Cedeira :::: Educación
Fecha Sábado, 04 julio a las 01:07:25
Tema PHP-Nuke


Asunto: O CONCELLO SUMASE Á REIVINDICACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA PARA O CUMPRIMENTO DOS RATIOS EN CANTO AO NÚMERO DE ALUMNOS

Na última reunión do Consello Escolar do CEIP Nicolás del Río recordouse a problemática dos alumnos de educación infantil do centro, derivado do incumprimento da Consellería de Educación no referente aos ratios por número de alumnos.

Durante o curso pasado  a Xunta non cumpriu a normativa vixente debendo ser tres no canto de dous o número de aulas para os alumn@s de tres anos do Colexio Nicolás del Río. Polos pais e nais do centro, presentáronse diversas reclamacións, tanto a nivel individual como colectivo que a Consellería de Educación nin siquera  se dignou contestar. O caso tamén foi comunicado ao Valedor do Pobo, que tamén ten advertido a Consellería sobre a falta de colaboración na emisión dos informes requeridos.

Recórdase  que o problema viña derivado do incumprimento pola Consellería de Educación, que supuso para os alumnos afectados unha masificación nas aulas cun número de alumnos superior á normativa aprobada pola propia Xunta de Galicia, e ademáis un  incumprimento da superficie da aula para cada por nen@.

Porriba do anterior, a inxustiza da medida anterior repercute negativamente por partida dobre no curso que comezará no vindero mes de setembro, pois sen ter confirmado o cumprimento da lei para os nenos de educación infantil, arrastra unha reducción do profesorado de educación física e pedagoxía terapéutica, amparándose a Xunta de Galicia no número de aulas do curso anterior.

Lamentamos dende o Concello que os pais e nais do centro teñan que loitar polo cumprimento da normativa educativa, cando debería ser a propia Consellería a garante da calidade educativa.

O Concello súmase á reivindicación da comunidade educativa para o cumprimento da normativa vixente, apoiando as reclamacións efectuadas polos pais e nais do centro, alén da efectuada polo propio Consello Escolar, e solicitará unha reunión cos responsables da Consellería de Educación para interesarse polo problema e buscar unha solución á situación orixinada empregando as ferramentas legais e políticas de que dispón o Concello.

Fdo.- Pablo Diego Moreda Gil

Alcalde de Cedeira



Link: Concello de Cedeira ::: Alcaldía






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2633