Xestionan axudas provinciais por valor de medio millón euros
Fecha Martes, 05 mayo a las 12:06:24
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira decidiu financiar con cargo ás axudas da Deputación da Coruña obras por importe de 536.000 euros. A contratación destes proxectos, que suman un total de catro, adoptouse na última Xunta de Goberno.

O respaldo da administración provincial traducirase na dotación de herba artificial do campo de fútbol e na pavimentación de pistas, entre as que están incluídas as de Régoa, Esteiro, Cervo e San Román, entre outras. A primeira destas actuacións correrá a cago da empresa Jesús Martínez Álvarez, ten un prazo de execución de dous meses e implica un desembolso económico de 327.885 euros, incluído o IVE. En canto ao acondicionamento das calzadas, as obras previstas serán executadas nun prazo de oito semanas e a contratación dos traballos pechouse por un importe global de 83.269 euros. A axuda da Deputación tamén se traducirá en melloras na rede de saneamento que dá servizo ao polígono da Xunqueira e ao lugar de Corredoira. Neste caso, a contía da actuación que se prevé materializar supera os 41.000 euros e o proxecto en cuestión debe ser executado nun prazo nunca superior aos tres meses. A contratación destes traballos, polo momento, está pendente da tramitación do correspondente expediente administrativo. Con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación, feito que tamén concorre no que se refire á actuación anterior, a administración municipal de Cedeira tamén xestionou o proxecto que no seu día dará lugar á instalación da rede de saneamento no lugar de Cervo. Polo momento, o Concello xa conseguiu modificar a localización da estación depuradora prevista para dar servizo á zona. Esta permuta púidose levar a cabo, tal e como se apuntou desde a Alcaldía, pola cesión de chan que a Igrexa realizou a favor do Concello. á marxe diso, o goberno conta cunha axuda de 83.000 euros para a EDAR.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=263