Concello de Cedeira ::: PP ::: Comisión de FESTAS
Fecha Viernes, 12 junio a las 01:32:03
Tema PHP-Nuke


A comisión de festas da Patroa, presidida por Esteban Blanco , edil electo do PP, ten a intención de «non continuar» debido, entre outras razóns, «ás críticas recibidas».


© 2014 - La Voz de Galicia

De momento non quixeron confirmar unha decisión que xa parece adoptada, á espera de que se constitúa a corporación, o sábado, e reúnanse co novo executivo municipal. «Depende do que nos ofreza», condicionaba onte un representante do equipo. Outras fontes aseguran que «non hai volta atrás». Os concertos do Adhesivo e Os Inhumanos son os únicos pechados pola comisión para as festas de agosto, a pesar de que o pasado 4 de abril o Concello anunciou «as primeiras confirmacións non cartel», as orquestras París de Noia, para o 14 de agosto; Combo Dominicano, o 15; e Aché, o 17. Agora sóubose que estaban «reservadas» pero non contratadas. O malestar da comisión remóntase ao pleno do 25 de marzo, no que o PP aprobou o pagamento dunha factura de 18.000 euros pola actuación da París de Noia de 2014, pese ao reparo do interventor (*).

José Luis Vergara (PSOE) preguntou «como se pode admitir este gasto sen xustificalo» e Mª Xosé Rodrígue (BNG) falou de «escándalo e ilegalidade». O rexedor, Luis Rubido, defendeu o traballo realizado pola comisión.

------------------------------------------------------------------------------
(*)


      Concello de Cedeira :::: Intervención

      Nota de reparo de Intervención

b) A factura emitida por Soto Espectáculos As Pontes SL organización de eventos musicales Festas
Patronales 2014
con París de Noia e un total de 18.150,00 € (Ive engadido) preséntase con un
escrito da Comisión de Festas do 30 de decembro de 2014. No devandito escrito o que se designa
como presidente da Comisión de Festas do 2014 (Esteban Blanco Garrote), indica que tras facer
fronte aos pagamentos, quedou por saldar parle da débeda relativa as orquestas contratadas que
actuaron durante as festas, solicitando que o Concello asuma a débeda pendente
.

O contido da solicitude non é posible de verificar para a Intervención municipal, toda vez que se
pon de manifestó a absoluta falta de control sobre a recadacíón dos postos de barracas e atraccións
durante as Festas Patronaís en particular
. Non se conta con ningún dato sobre os ingresos da
Comisión de Festas Santa María do Mar 2014
, nin sobre os gastos que permitan siquera comprobar
a realidade da débeda
, polo que xa de comenzo debería ser rexeilada a soíicitude, ou a lo menos
requerir a documentación Justificativa. En calquera caso, de asumir o Concello parte da débeda da
Comisión, debería ser baixo a figura dunha subvención (Capítulo 4), e non como gasto corrente
(Capítulo 2), por non tratarse dun gasto organizado polo propio Concello.
--------------------------------------------------------------


Link: VONLine ::: Concello de Cedeira - Intervención






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2628