Concello de Cedeira ::: PP ::: Urbanismo (HEMEROTECA)
Fecha Jueves, 11 junio a las 01:50:45
Tema PHP-Nuke


Axencia de Protección da Legalidade Urbanística CÉDULA do 18 de agosto de 2011 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/42/2011, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu enderezo descoñecido.
A xefa do Servizo de Inspección Urbanística I acordou, o día 28 de xullo de 2011, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística aos herdeiros de José Bereijo Horjales, como propietarios dos terreos, polas obras consistentes na construción de edificacións para café-bar restaurante, no lugar do Baturro, n.º 1, San Román de Montoxo, no termo municipal de Cedeira, provincia da Coruña. Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o dito acordo. Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o dito prazo a notificación entenderase producida. Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba en que concreten os medios de que pretendan valerse. Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula. Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2011. María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística


Link: DOGONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2623