Coa «corrección do erro material» do
Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) o tenente de alcalde
Alfredo Vilela
viu xustificada a súa presenza na política. Feito que
permitiu ao
portavoz o executivo do PP, Luis Rubido, amosar máis unha vez o seu
perfil de «home evidente»: é o malabarismo do fume de carozo, a lóxica
inductiva que permite establecer a partires dun caso unha lei universal
(«porque deixa de perxudicar á colectividade» disque).
Ese razonamento
para iniciados serve para abrírmonos paso por entre os eixos
fundamentais da política populista do PP. Portanto, para axir segundo
esta lóxica, para deixar de perxudicar á «colectividade» disque,
cómpre acurtar a distancia de dez a cinco metros do cauce dun rio o dun
regato, que na terra regatos temos a eito e levan camiño de
converterense en canos e tubos.
Quenes así pensan axiña han tirar de
conceitos baleiros como «calidade de vida», que nada di do que existe
nunha vila e menos no meio rural: nada di das horas de luz, se hai
árbores nas rúas, se hai recollida diaria e selectiva de lixo ou se a
rúa está perto dun parque e se este está encofrado entre edificios de 7
ou 8 alturas.
Se razonamos do aveso, abofé que levan razón, trátase da crenza política primordial da que fala Bourdieu:
o punto de vista particular dos dominantes preséntase e se impón como o punto de vista «universal».
Repárese que non se dí sociedade, nen sequer comunidade, senón
«colectividade».
E que é unha colectividade, pois un sustituto falaz do
«universal», unha parte que aparece como sendo o todo (chamémoslle
«pobo» ou interese xeral), sendo como é unha parte, un colectivo que é
beneficiado.
O que hoxe se apresenta como evidente e adquirido, imponse
como tal pouco a pouco. Nin sequer iso, abonda un individuo a
condición de que sexa un dos nosos para acelerar o proceso e a
«imposición mascarada».
Portanto, quen fai parte deste
colectivo? Pois os nosos, os que
contan coa benzón da Direccion Xeral de
Urbanismo.
Non hai problema, para iso está a realidade xurídica do
socorrido «erro material» (Lei de Procedimento Administrativo).
Pouco importa desnaturalizar a institución xurídica cando do que se trata é conseguir outra cousa.
Desvirtuarse así o sentido mesmo do erro material ou de feito, que é
apenas aplicabel se é ostensibel, manifiesto e indiscutibel.
Mais
onde está aquí o “erro obstativo”, a evidencia do mesmo se após 18
anos de vixencia do PXOM (aprobado en 1995 baixo mandado do PP) non se
decataran que onde puña 10 debería poñer 5?+ Info:
preme aquí
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::