PP Cedeira VS Pablo Moreda
Fecha Domingo, 07 junio a las 18:33:04
Tema PHP-Nuke


O PP de Cedeira insiste no seu intento de desacreditar ao concelleiro electo do PSOE -e posible alcalde si, como parece, o pacto con BNG e Anova formalízase- pola súa relación laboral co Grupo Moreda de Foz. Os populares acusan a Pablo Moreda de «mentir» e enumeran unha serie de escritos presentados e asinados por el no Concello, como representante da empresa albergues Rías Altas S.L., relacionados coa solicitude dunha modificación puntual do Plan Xeral, a fin de cambiar o uso dunha parcela na Maravilla, de residencial a terciario. Citan varias datas: 22 de febreiro, 14 de maio, 24 de setembro e 14 de outubro de 2013, e 3 de abril de 2014.


Como xa fixera antes, Moreda recoñece o seu vínculo laboral con esta empresa. Asegura que foi despedido o 15 de xullo de 2013. «Aí rematou a miña relación contractual, pero seguín tendo boa relación con eles e como eu iniciase ou expediente e vivo en Cedeira, pedíronme que metera eses escritos por rexistro, por non ter que vir desde Foz. Non creo que fixera nada malo; nin estaba en política», recalca. «Non hai ningún transfondo, nin intereses, nin chanchullo (do que lle acusa o PP) e a quen están a desacreditar é aos técnicos municipais, que son vos que informan favorable ou desfavorablemente calquera expediente», 


Lino: VONLine





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2612