BNG - Cedeira ::: Comunicado
Fecha Jueves, 04 junio a las 13:10:19
Tema PHP-Nuke


Despois de ter agradecido a confianza que se nos deu nas furnas, o BNG ante a cantidade de distintos rumores que circulan pola vila nestes días, queremos transmitir a información que nós podemos dar con respecto ao que levamos feito nestes días posteriores ao 24 de maio
. O que fixemos ata o de agora foi basicamente falar, primeiro entre nós, valoramos os resultados electorais e comezamos o debate relativo a si formar parte ou non do novo goberno municipal que se constituirá o vindeiro 13 de xuño. 
O único que temos claro a día de hoxe, 3 de xuño do 2015, é que o BNG non vai investir como alcalde ao candidato do PP. Onte reunímonos con Anova, falamos dos nosos programas casi concordantes ao 100% e mañá farémolo co PSOE, pola mañá, e pola tarde voltaremos a xuntarnos o BNG local para tratar de chegar a unha postura cara a nosa participación ou non no novo goberno municipal.
 Pensamos que esta é unha boa fórmula de posicionarse, debater as propostas programáticas cos outros grupos políticos, Anova e PSOE, ver si hai acordo sobre as mesmas e despois tomar a decisión que nos corresponda. No BNG local tomámonos temas como este, o goberno municipal, de forma seria e responsable, requírense consensos e polo tanto tempo para desenvolvelos. Isto é o que hai ata o de agora, en canto teñamos máis información seguirémola transmitindo. 

María Xosé Rodríguez Pérez, candidata BNG alcaldía de Cedeira


Link: BNG - Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2609