PSdeG-PSOE CEDEIRA ::: Comunicado :::
Fecha Sábado, 16 mayo a las 09:38:27
Tema PHP-Nuke


ASUNTO : " O Alcalde en funcións e candidato do PP oculta os informes de reparo do Interventor "

        O pasado 11 de marzo o noso grupo solicitoulle ao actual alcalde acceder aos últimos informes do funcionario responsable do servicio de intervención do Concello. Sabemos polas actas da Xunta de Goberno e as resolucións do alcalde en funcións levantando os reparos, que tales informes desfavorables existen e estamos no dereito e tamén na obligación de lelos.
        Pasaron máis de dous meses e os informes cértamente, deben reiterar as irregularidades, senón claramente as ilegalidades do PP, dado o gran interés de Rubido por ocultalos. No pasado pleno ordinario de marzo xa protestamos que “nos últimos meses, que nós saibamos, hai 13 informes ou notas de reparo da intervención do Concello que insisten de forma reiterada en que ustedes (polo PP) fraccionaron contratos, non levan a cabo os procedementos de modificación de contratos, producíndose incrementos inxustificados dos custos das obras, que adxudican a dedo obras que ninguén demostra que sexan necesarias, que ninguén certifica a súa finalización, en terreos que non lles pertencen… Se isto o fixese alguén do Partido Socialista, estaría no cárcere e inhabilitado desde fai moito tempo.”
        Tristemente informabamos que “Nos últimos meses, da documentación incompleta que obra no noso poder, máis de 70 millóns das antiguas pesetas (427.833 euros) gastáronse ou están a punto de gastarse de forma ilegal, sen control e en moitos casos, sen necesidade.”
        Sabemos que estes asuntos son directamente de carácter xudicial. Non se diferencian en nada das que cada dia se fan eco os medios de comunicación e arrastran a tantísimos políticos polos xulgados. Pero en Cedeira debemos ser doutra pasta, a impunidade coa que se pasean os concelleiros do PP cedeirés é insultante para a xente de ben. Cicais as nosas obrigas como cidadáns e especialmente como representantes da cidadanía deban ir máis alá da denuncia pública.
        A violación dos procedementos constitúen en sí mesmos corrupción e son a porta de entrada de formas mafiosas insoportables para unha sociedade xusta e moderna. Pero tamén é corrupción escamotear a información. Non se trata de buscar facturas por aquí e por aló que pode levar tempo. Simplemente hai que premer un botón no ordenador para que a información á que temos dereito se nos dea. Falta unha semana para as eleccións locais e Luis Rubido, candidato do PP, sen a máis mínima sombra de rubor, preséntase ante a cidadanía escondendo informes do interventor porque non quere que Cedeira saiba.

JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz
En Cedeira, a 15 de maio de 2015




Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2595