MULLERES - DIEGO RODRÍGUEZ PIÑÓN
Fecha Lunes, 04 mayo a las 15:31:11
Tema PHP-Nuke


"Baixo o lema non están todas as que son pero si son todas as que están, o concello de Cedeira presentou o pasado 24 de abril a exposición denominada “O tempo das mulleres”.
Tal como indican os folletos da mostra,a súa finalidade é a de visibilizar ás mulleres cedeiresas, e a súa aportación á vida económica, política, cultural, educativa, familiar e social do concello.Sirve tamén para rendir homenaxe e recoñecemento ó esforzo levado a cabo por todas esas mulleres que camiñan no díficil equilibrio do desempeño da súa función laboral asalariada e o traballo diario do seu fogar e o coidado das persoas que dependen delas (fillos, maiores, enfermos..), actividades case sempre invisibles e pouco ou nada recoñecidas.
Invitaronme e acudín ó acto de inauguración que tivo lugar nas renovadas salas do palacete municipal.Recorrín con calma as 33 imaxes fotográficas e leín os seus correspondentes textos explicativos co perfil persoal de cada unha das mulleres retratadas.
A idea, o formato, a realización, a disposición son sobresaintes e as vidas alí expostas emocionan e sirven de testimonio e declaración da loita das mulleres por acadar un mundo máis xusto e igualitario para todas as persoas.
A única mágoa é que os catro homes que lideran os catro partidos con representación municipal non tivesen a ben compartir ese día uns minutos co tempo das mulleres."


(c) Diario de Ferrol . Diego Rodriguez Piñon





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=259