Terá lugar o vindeiro venres, 8 de maio, ás 8 da tardiña, entre a asociación
veciñal da parroquia e o partido político Anova-IN, acto que será aberto a toda
a veciñanza.
Por unha banda, desde Anova, expoñeranse brevemente
aqueles apartados do seu programa político de cara ás eleccións municipais do 24
de maio que máis poden afectar ao futuro da parroquia, e desde a organización
veciñal, formularanse as preguntas, queixas e suxestións que se consideren
oportunas.
Ámbalas organizaciós esperan que este encontro sexa tan só
un primeiro paso cara a unha fructífera colaboración no futuro que repercutirà
con toda seguridade no benestar colectivo.
Link: ANOVA Cedeira