OLLAPARO ::: Entrevista a Camilo Casal, candidato de ANOVA
Fecha Miércoles, 06 mayo a las 00:04:51
Tema PHP-Nuke




©2015 OLLAPARO

Como prevé as eleccións?

Máis abertas que nunca, coa previsible perda da maioría absoluta do PP.

Cal é o proxecto do que fai bandeira? Resumindo moito.As persoas por diante de todo, o que se traducirá en máis axudas a colectivos moi desfavorecidos: discapacitados, dependentes, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores con graves carencias familiares,….. Un código ético que penalice a corrupción.

A que partida orzamentaria adicará máis cartos?
Os nosos eixos programáticos son : asuntos sociais; formación e emprego; educación, cultura e deporte; medio ambiente.

Como é o seu equipo?
Está formado por persoas sen experiencia na política municipal (agás unha), pero que nalgúns casos teñen unha traxectoria non despreciable de mobilización e loita social. Un conxunto de persoas ilusionadas, decentes e sen ataduras. En resumo, unha bocanada de aire fresco.

É a primeira vez que se presenta. Qué mudará das políticas de Luis Rubido? Sí, é a primeira vez. Aínda que está moi manido, gobernaremos con transparencia. A casa do concello será unha urna de cristal. Non faremos amiguismo e rexeitaremos o “enchufismo”. A nosa política non será de escaparate para foráneos de paso.

Qué vicios compre erradicar dos anteriores grupos de goberno? Se nos referimos aos do PP, vimos de enumeralos. Aos dous gobernos que houbo de esquerdas, se acaso, a sensación que poideron dar de falta de coordinación. 

Na súa presentación na prensa afirmou:“Non cobrarei un euro”….,a que se refería? Pois a que das arcas do concello non saerá un euro para a miña persoa. Seguirei vivindo, como ata agora, da miña pensión.


Cómo potenciará a participación cidadá? Xuntanzas periódicas cos diversos colectivos, que poderán intervir tamén nas sesións plenarias (no momento que sexa posible)para exponer queixas, suxestións, etc Dinamizando as AA.VV., coprogramando actividades con elas, animándooas a elaborar, en parte, os orzamentos municipais. Realizando alguna consulta á cidadanía en asuntos de gran interese.

Camilo Casal
Nacín en Cedeira hai setenta anos. Son licenciado en Química e exercín a docencia durante trinta e cinco anos, nomeadamente no IES Concepción Arenal , de Ferrol. Levo dez anos retirado de dita actividade. Estiven afiliado ao sindicato nacionalista CIG, e pertencín e aínda pertenzo a máis de unha organización ecoloxista.

Link: OLLAPARO






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2586