
OLLAPARO: Entrevista a Alex Del Rio candidato de EU
Fecha Viernes, 01 mayo a las 20:56:41 Tema PHP-Nuke
© 2015 -OLLAPARO
Traballador do sector eólico e vinculado o sindicalismo de clase, e
membro da Executiva do Sindicato de Industria de CCOO. Secretario de
Organización e Finanzas Comarcal, membro do Consello político Nacional
de EU. “A política e a conciencia de clase corre polas miñas venas, o
PCG é o meu partido, Esquerda unida é o meu proxecto, un proxecto común
de moitos e moitas, non é un partido ó uso, EU e un movemento político
social”, afirma.
Como prevé as eleccións?
Son tempos interesantes, onde o vello non acaba de morrer e novo non
acaba de chegar. As expectativas están moi abertas, é certo que para a
Dereita do PP as cousas son mais fáciles; non hai mais que facer unha
breve retrospectiva para darse conta que no tempo que levamos con esta
cousa que lle chaman Democracia, só en duas ocasións se conseguiu
expulsalos do Goberno Municipal, algo que dice moito. Semella que 40 de
nacional catolicismo da ditadura franquista e en consonancia coa
mentalidade recollida, caciquil e pequena burguesa dunha parte das
xentes desta terra, fai un combinado moi particular.Pero temos claro que
a batalla hai que dala, con forzas, gañas e ilusión. Outra forma de
facer política e posible, e ímolo demostrar.
Cal é o proxecto do que fai bandeira?
Pan, traballo, teito. É unha situación de emerxencia social que precisa
de medidas de emerxencia social, que require de medidas de excepción, e
cedeira non se queda a marxe. Aqui hai persoas que o están a pasar
mal,ainda que moitos e moitas prefiran mirar para outro lado, e hai que
tomar decisións, as problemáticas sociais non se amañan con boas
intencións. O noso proxecto é un proxecto Xeral, non nos encomendamos a
un proxecto estrela, porque en esquerda unida temos claro que
encomendarse un solo proxecto é farcasar. As políticas teñen que
ser aplicadas transversalmente e para a maioria, hai que insistir en
politicas socias e de igualdade en favor de moitos, non de unhos poucos.
Nós non imos xestionar o Concello como ata o de agora se visualizaba
que xestionaba, é decir, case que como unha simple alternancia frente
aos períodos de goberno da dereita: a nosa xestión vái a recuperar o
público e expulsar o dominio do privado que hoxe existe sobre os
recursos e as necesidades da maioría. Hai que comprometerse na
remunicipalización de servizos e medios e explicar fondamente qué
significa esa medida e como vái mellorar as condicións de vida da
poboación, evitando que as economías familiares, xá exiguas, se adiquen a
engordar os beneficios de empresas de todo tipo.
Recuperar o control do público
e dos orzamentos municipais, que vai ter ademáis como obxectivo crear
emprego no Concello.Revisión das taxas municipais, nunha política
auténticamente verde e progresiva. Onde paguen os que mais teñen e os
que máis contaminan. Non podemos seguir co abuso dunha taxas
incrementandas arbitraria e indiscriminadamente .,que castigan duramente
a veciñas e veciños deste concello mentres outras elites
de privilexiados negocian as taxas “a la carta”. Hai que aplicar tamen
bonificacións as familas con escasos recursos, lembremos que estamos a
pasar unha época de pobreza enerxética. algo inconcebible nun pais
productor de enerxia, e hai que axudar as familias. Defendemos unhos
servizos básicos, publicos e de calidade, unha sanidade publica,
universal e gratuita, un dos proxectos que levamos no programa e a
mellora e dotación do actual centro de saude, mellora do centro, mellora
nos medios e no persoal. non pode ser como aconteceu este verán que
non habia sevizo de pediatria. Defendemos unha educación pública, laica
grattuita e universal, apostamos polas escolas infantis, e o pulo os
consellos escolares. E defendemos como non, unhos salarios dignos e
unhas pensións dignas, hai que establecer unha renda básica para as
persoas sen recursos, xa está ben de engordar os bancos e latrocinio dos
intereses privados. Recuperación da praia da madalena e solución o
problema da contaminación. Este e outro dos eixos importantes do noso
proxecto, asi como a recuperación da Capelada.
A que partida orzamentaria adicará máis cartos?
Está claro que toca axudar as persoas,
as persoas teñen que estar por riba dos intereses e da economía, a
economía ten que estar o servicio das persoas, e non dos intereses
privados e particulares. Está claro que o eixo do noso proxecto
articula sobre a Politica Social o emprego e benestar das persoas.
Medidas como o Fondo de Garantia familiar e a empresa municipal de
servizos, fomentadas exclusivamente para axudar os mais necesitados.
Mención aparte, hai que sinalar que o noso proxecto para un centro de
dia e da terceira idade, dist amoito do modelo clientelar do PP., ten
que ser Publico e de xestión publica, non o negocio que queren montar
estes “pollos”. Tamen temos previsto un plan para a Xuventude, un plan
de emprego para a xuventude e reinserción laboral para os parados de
longa duración. Aquí teran que implicarse administración ,concello,
empresarios e sindicatos, pero sobre todo crear a condicións axeitadas,
que co gobernó do pp cedeira quedará condeada o ostracismo se seguimos a
este ritmo. Aquí non hai a que vir, non hai oferta de nada, e agora
falan dun Porto Deportivo cando ainda non hai solución para o problema
da Praia e a contaminación. Unha vergoña.
Como é o seu equipo?
Teño o mellor equipo que poido
ter.Xente comprometida e coas ideas claras, si falamos do numero 2 por
exemplo, Cristian Mera, empresario do sector da automoción, compromiso
traballo e militancia o define perfectamente, non se entenderia
esaquerda unida en Cedeira sen el. A numero 3, Yolanda Rolle Vilela, de
sobra coñecida polo seu traballo de cara ó público no Super, unha persoa
intelixente, con grande ideas, tampouco se entedira Eu sen Yolanda. A
numero 4, Sonia Marín. Activista política e social, comprometida coa
sociedade. unha grande fichaxe. O numero 5, sobran palabras, Antonio
Pérez “O Loira”, Biologo, un crack. o numero 1 en materia de medio
ambiente, traballador incansable e consecuente. Militante, comprometido,
unha sorte poder contar con él. A nimero 6. Persi Rodriguez. muller
traballadora, non dubidou en dar o paso a presentarse con EU as
Eleccións. Un encanto de persoa. O seguinte, Carlos Garcia Cachafeiro,
ainda que prefire manterse nun segundo plano, podese dicir que é xunto
con outros, alma mater de EU. alguen case insustituible. compromiso e
militancia, ideolixia e praxis.O ” cacha en estado puro”. A mais nova.
chegada directamente das bases, Eva Maria Santalla, 19 anos. O futuro
de EU está asegurado, temos base. Agora tocalle a un historico,
Francisco Vilela “kiko” , Sindicalista, a loita obreiea corre polas suas
veas. non se rende nin se rendera nunca. Penso que de sobra coñecido na
vila, experiencia e sentido da responsabilidade. O seguinte, Rubén
Riola, 25 anos, xa foi na candidatura anterior, emprendeor e loitador,
este rapaz xa dirixe o seu proxecto empresarial no eido forestal. Marta
quintana, repite tamen na candidatura, Auxiliar de enfermería e celadora
inetrina. José. Manuel fraguela Barcón. Un hístorico. Hai persoas que
marcan a diferencia, barcón é una delas. Alguen fundamental no proxecto
de EU. Sandra Vilela. Esta camarada, Camara de TV, leva no deu ADN o
pensamento critico e loita de clases. Non por ser suplente deixa de ser
importante, Alberto Bustabad, militante de base da agrupación en
cedeira, profesional da hostelería rexenta o seu negocio en Ferrol.
–Non é a primeira vez que se presenta. Que mudará das políticas de Luis Rubido?
Das polticas de luis Rubido hai que mudalo todo. A antitesi a nosa
ideoloxia e praxe política. As políticas clientelares do PP, e o seu
nepotismo, pouco ten que ver con EU.
-Que vicios cómpre erradicar dos anteriores equipos de goberno?
Os anteriores gobernos pouco se lles
pode achacar, xa que pouco tempo estiveron para poder desenrolar as suas
plíticas e proxectos. Algo que si se lles pode botar na cara, sobre
todo o ultimo gobernó tripartito, e unha maior implicación no eido da
participación democrática dos vecinos e veciñas, e a continuidade das
vellas políticas de dirixismo, e seguir mantendo a externalización dos
servizos básicos como a auga e o lixo. Non obstante EU nunca firmaría un
acordo de goberno como aquel do PSOE-BNG e Tega.
Na súa presentación na prensa afirmou: “«transparencia na xestión local.”… a que se refería?
Transparencia na xestión significa
gobernar obedecendo, xa sei que é unha frase do subcomandante Marcos,
pero expresa perfectamente o noso código ético. Gobernar obedecendo á
maioria social, os de abaixo. Erradicación de todo tipo de corrupción e
corruptores, transparencia na xestión municipal; unha das primeiras
acción que levaremos a cabo será unha auditoria de contas, queremos
saber e facer coñecedores os vecinos e veciñas en qué e como se gastan
os cartos. Actuaremos baixo un código ético de transparencia, as contas
claras, publicación de todas as contas e presupostos, trasnparencia nas
mesas de contratación, agora co PP semella máis unha mesa de
adxudicaión.Transparencia na contratación de persoal e bases dos
concurso oposición, as mesas teñen que estar sindicalizadas. e moi
significativo, eu que ando moito polo rural, que en certos domicilios
nos que se ven os vehículos de algún concelleiro, logo son os elixidos
para acupar os postos de traballo ofertados no concello…¿casualidade?
Como potenciará a participación cidadá?
Democracia participativa, onde os
vecinos e veciñas deciden en que se empregan os presupostos, en que e
prioritario actuar. A pólitica hai que levala á rúa, os barrios, as
parroquias….a política non solo se fai nas institucións. Un novo
Regulamento de participación cidada, onde os vecinos e veciñas sexan os
protagonistas e participes da política local. Hai que seguir avanzando
nos modelos de organización do pobo a nivel territorial e sectorial.
Alexandro del Rio Bellón Link: OLLAPARO
|
|