ANOVA ::::: Comunicado
Fecha Jueves, 23 abril a las 10:23:26
Tema PHP-Nuke


Desde Anova queremos denunciar outra "boutade" do goberno municipal cedeirès na súa aloucada carreira de asfaltado de pistas nestes días preelectorais. No seu frenesí, chegaron a botar unha capa de "gravilla"  duns 5 cm. de grosor, ao longo de 200 m., aproximadamente, nun camiño de carro, que,loxicamente, era de terra. Estamos a falar que vai desde as Pontigas ata o Punto Limpo, moi usado por xente que quere evitar a estrada que une Cedeira e Régoa, perigosa para os peóns.
          Logo, prensárona e aí está,comezando xa a esborrallar, na parte onde o río queda ao nivel da mesma, anegándoa. Se se quería evitar iso, así non se consegue, evidentemente. Que quedará dentro dun meses? Seguramente un leve rastro desa funesta manía de asfaltalo todo, flaxelando a natureza.  
          Mágoa do diñeiro "tirado" que ben podería empregarse en aliviar as numerosas carencias sociais que hai no concello, por exemplo.


Lino: ANOVA Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2579