ANOVA ::::: Comunicado
Fecha Jueves, 09 abril a las 11:53:52
Tema PHP-Nuke


CAMILO CASAL LIDERARÁ O PROXECTO DE ANOVA CEDEIRA

                 Camilo Casal foi elexido por unanimidade da asemblea local para liderar o proxecto de anova en Cedeira de cara ás vindeiras eleccións  municipais.
                  Este cedeirés fillo do popular mestre " Don Camilo"e profesor de química xubilado, será o encargado de levar adiante o "troco de rumbo"que precisa o noso concello. Liderará unha candidatura que se centrará en gobernar por e para a xente, tendo como eixos programáticos fundamentais os asuntos sociais, o emprego, a educación e o deporte así como o medio ambiente, combatindo as corruptelas, o enchufismo e o amiguismo, único xeito de recuperar a credibilidade da xente nos responsables municipais.
                  Tamén suliña que intentaremos recuperar servizos básicos privatizados por anteriores corporacións e diminuir notablemente certos gastos da política municipal (soldos de asesoramento, asistencia a comisións de goberno,...), comezando por el mesmo que non cobrará un só euro das arcas municipais se o pobo lle encomenda a tarefa de ser alcalde.


Link: ANOVA Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2574