ANOVA ::::: Charla - Coloquio de Lidia Senra sobre a pesca
Fecha Martes, 07 abril a las 20:53:21
Tema PHP-Nuke


 O vindeiro sábado, 11 de abril, ás 12:00 horas, terá lugar na Casa do Mar de Cedeira unha charla-coloquio organizada por Anova, a cargo da eurodeputada Lidia Senra, que versará sobre asuntos pesqueiros, e que ten por finalidade dar a coñecer as últimas disposicións europeas nesta materia pero tamén recabar as dúbidas e inquedanzas da xente do mar. Á mesma foron invitadas de xeito explícito as confrarías de pescadores de Cariño, Celeiro e Burela, invitación que se fai extensiva a calquera outra que estea interesada.


©2015 AGE

   Lidia Senra, que é sobradamente coñecida en Galiza pola súa actividade á fronte do sindicato Comisións Labregas durante moito tempo, presentouse ás pasadas eleccións europeas encabezando a lista de AGE, dentro da candidatura de Esquerda Plural, resutando elexida deputada do Parlamento Europeo. Actualmente forma parte das comisións de Agricultura e Desenvolvemento Rural,por unha banda, e de Pesca, por outra.

   Desde aquí animamos a tod@s @s cedeireses, en xeral, e aos armadores, mariñeiros, exportadores de peixe...., en particular, a acudir á mesma e participar activamente.

Coordinadora local de Anova.


Link: Anova - Cedeira





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2572