FP 2015
Fecha Sábado, 04 abril a las 19:33:45
Tema PHP-Nuke


A comisión de festas de Cedeira, acompañada do rexedor, Luis Rubido, avanzaba esta semana algunhas das actuacións xa confirmadas para a semana grande da vila. Así, a orquestra París de Noia actuará o día 14 de agosto, o Combo Dominicano farao o 15 e o 17, tocaralle a quenda a Aché. A estas sumarase a banda de recoñecido prestixio A Pegatina, que ofrecerá o seu show o 16 de agosto. A formación volve este ano a Cedeira tras non ter podido actuar nas pasadas festas debido á morte repentina de Julián Rico, compoñente do grupo On the Band, teloneiros esa noite do Adhesivo. A agrupación regresa esta vez para presentar o seu novo disco que, segundo apuntaron desde a comisión, podería conter unha canción referente a San Andrés de Teixido, enclave do que o grupo quedou prendado o ano pasado.

Deste xeito e con tan só algunhas das propostas pechadas, Cedeira pretende volver demostrar que os seus festexos están entre os mellores da comarca.

Esta edición repetirá a mesma comisión de festas, que xa avanzou que buscará a implicación do pobo cedeirense, recuperando a súa páxina web e intensificando o seu labor nas redes sociais.


Lino: Vonline





Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2571