ANOVA Cedeira :::: Comunicado
Fecha Jueves, 19 marzo a las 13:38:27
Tema PHP-Nuke






DEFICIENCIAS NAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS


Poderiamos citar múltiples deficiencias nas instalacións deportivas municipais como é o “flagrante” caso da piscina que non acada as dimensións suficientes para un correcto adestramento e a realización de competicións.

Comentaremos outros 3 casos:

1.-A superficie do pavillón polideportivo: a pesar de que a anterior corporación e a actual acometeron obras noutras dependencias do pavillón a ningunha se lle ocorreu cambiar a superficie da pista polideportiva que foi colocada no 1990,que con independencia do seu estado, e NON é axeitada para a práctica deportiva(parqué para o salón da casa),o que orixina graves lesións e múltiples problemas nos deportistas.

2.-As pistas de pádel: atópanse infrautilizadas xa que están descubertas,sen iluminación e cunha superficie pouco axeitada (cemento pulido) o que fai que non se poida empregar cando está mollada.Coidamos que corrixindo as deficiencias anteriores poderíase crear un club de pádel,dado o elevado número de practicantes que ten este deporte e que se teñen que desprazar a outros concellos para poder practicalo.

3.-A pista polideportiva exterior: remodelada nos últimos tempos cunha intervención que ben poderiamos considerar de “chapuza”,xa que metade da pista está “costa abaixo”.Imaxinamos que os responsables municipais non aboarán ningunha cantidade á empresa construtora hasta que se corrixa tan evidente erro.

Desde anova-cedeira coidamos que aínda que os responsables municipais non sexan moi afeccionados á práctica deportiva,deberían deixarse asesorar por “persoal titulado” na materia para corrixir estas e outras deficiencias.


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2564