ANOVA Cedeira :::: Comunicado
Fecha Viernes, 13 marzo a las 07:46:29
Tema PHP-Nuke





OS GALIÑEIROS URBANOS

Así foron bautizados pola xente a última ocurrencia do sr. alcalde.Dentro da multitude de “obras electoralistas” ímonos referir aos “cercados para contedores” dos que poderiamos dicir moitas cousas,pero que calificaremos como un “despropósito”. O xeito de actuar da actual corporación é moi simple,non inviste un so euro en saneamento cando temos varios barrios da vila que non teñen separadas as augas fecais das pluviais,un problema gravísimo coa praia…,sen embargo,fai un parque para os patos ou o servizo de alugueiro de bicicletas cos cartos do fondo de axuda medioambiental.

Saberá o alcalde que os contedores pódense soterrar?...pero iso conleva planificación e inversión,o que lle impediría colocar máis maceteiros. Todas estas obras,por suposto,asignadas “a dedo” e neste caso concreto con maior delito xa que arriman o contedor de papel á casa,o que impide que se empregue por ese lado e supón un grave risco en caso de incendio…sen comentarios!!!




© 2015 ANOVA Cedeira


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2563