ANOVA Cedeira
Fecha Miércoles, 04 marzo a las 07:49:26
Tema PHP-Nuke


AULA DA UNED SENIOR EN CEDEIRA

En anova-cedeira estamos a traballar para conseguir crear unha aula da uned sénior en Cedeira.Para desenvolver este proxecto,contamos co apoio e colaboración de D.Luís A. Rodríguez Patiño,coordinador da uned sénior e expárroco de Cedeira e a directora da Uned de A Coruña Dna. Susana Blanco Míguelez.

Para isto,é necesario asinar un convenio entre o Concello de Cedeira e a Uned de A Coruña co fin de que a xente maior de 50 anos poida cursar estes estudos.

Características xerais:
1.-Cada ano divídese en 2 cuadrimestres.En cada cuadrimestre desenvólvense cursos de 30 horas de duración (15 sesións de 2 horas).
2.-Cada alumno pódese apuntar aos cursos que desexe.
2.-As clases son impartidas por profesores titulados.
3.-O custo da matrícula dependendo da implicación do Concello,podería ser desde gratuíta (para as rendas máis baixas) hasta un máximo de 50 euros por cuadrimestre.
4.-Os temas a desenvolver,partindo dun temario xeral da Uned (medicina,saúde,historia,idiomas,medio ambiente…)serían adaptados á temática local e aos intereses do alumnado.
5.-Sen requisitos de entrada.

Non imos descubrir os múltiples beneficios desta actividade como podería ser(a parte da ampliación dos coñecementos)o envellecemento activo,a socialización,o desenvolvemento cognitivo …

Pensamos que dada a importancia do proxecto,debería haber un acordo entre os diferentes grupos políticos de compromiso de levalo adiante con independencia de quen goberne no vindeiro curso 2015-2016.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2558